A candidata do BNG ao Congreso, Maite Ferreiro, reclamou en Belesar “unha tarifa eléctrica galega”
“Das 44 centrais hidroeléctricas que funcionan no estado 31 están en Galiza e a riqueza que se produce non repercute no noso país” dixo Maite Ferreiro
O BNG levará ao Pleno do Concello unha iniciativa para reclamar o mantemento dos informativos locais na Radio pública Galega
Maite Ferreiro mantivo “o PP está a desmantelar o servizo público que presta a Radio Galega limitando a información e eliminando espazos como o Diario Cultural”
O BNG chama á veciñanza de Lugo a participar do Día da Patria Galega
Lugo, 21 de xullo 2017. O BNG colocou unha mesa informativa en Santo Domingo para chamar ás veciñas e veciños de Lugo a participar un ano máis na mobilización do Día da Patria Galega, que terá lugar o vindeiro martes 25 ás 12 horas dende a Alameda de Santiago de Compostela. Dende a organización nacionalista cren que a mobilización será masiva, dado que é o momento de esixir que Galiza conte “Reivindicar os nosos dereitos como pobo de forma masiva é a única vía para evitar que Galiza siga quedando atrás” dixo Rubén Arroxo. Para o BNG o exemplo do abandono do estado sobre Galiza é Lugo, cun ferrocarril do século XIX, cunhas autovías que nunca rematan, cun sector gandeiro cada día peor pagado e unha industrialización que nunca chega. Mais tamén hai moitos máis exemplos que dende a propia organización consideran que urxe esixir, como é a necesaria tarifa eléctrica galega, que permitiría reducir o custo nun 30% na factura da luz, coas conseguintes melloras na economía domestica, e cos beneficios para a instalación de industria e por tanto para a creación de postos de traballo que reducirían a emigración forzosa que está a vivir o país. “Animamos ás veciñas e veciños de Lugo a vir o 25 a Compostela para amosar xunto a outras miles de persoas chegadas de todo o país, que temos capacidade de pelexar polo que nos corresponde” dixo Rubén Arroxo.
Tamén nesta mesa informativa o BNG seguiu coa campaña que leva a respecto de solicitar un xulgado de violencia de xénero, a edil Maite Ferreiro sinalou que xa son moitas as persoas que asinaron esta reivindicación e que contan con poder facer entrega neste outono das sinaturas, antes do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, co fin de que a Xunta de Galiza escoite a necesidade que teñen deste xulgado as mulleres de Lugo que foron ou poidan ser vítimas.
O BNG-AA propón unha tarifa galega para reducir nun 30 % a factura eléctrica
O BNG propón recuperar as concesións dos saltos hidraulicos, feitas no franquismo, existentes en Galiza e que caducarán en breve
Olalla Rodil presentou unha interpelación na cámara galega sobre a derrogación da LOMCE
Rodil dixo que “en Galiza as competencias en educación son da Xunta, pero Feijoo mira para outro lado e deixa que Madrid defina o futuro da nosa mocidade”