galego
Novas

Rubén Arroxo xunto con veciñas e veciños afectados polo proxecto da fábrica de metano planificada Coeses mantiveron un encontro co BNG no Parlamento Galego

A deputada do BNG Montserrat Valcárcel escoitou as reclamación da veciñanza afectada e achegou a postura do BNG  "ante unha fábrica que producirá grandes molestias nos núcleos de poboación da contorna"

O BNG trasladou esta problemática ao Parlamento Galego, e presentará iniciativas nas distintas institucións "para buscar unha mellor ubicación a este proxecto, que non afecte nin ás vivendas nin ás augas da zona"

Ler novas
Novas

O BNG leva ao Parlamento Galego a crítica situación da sanidade pública na Fonsagrada

A deputada no Parlamento Galego, Olalla Rodil presentou unha serie de iniciativas ante a situación que se esta a vivir nos concellos de Negueira de Muñiz e A Fonsagrada, que esta privando á veciñanza dunha sanidade digna

 

"Os centros de saúde de Negueira de Muñiz e da Fonsagrada viven nestes momentos unha situación de caos debido a decisión da Xunta de Galiza de non cubrir vacantes" denunciou a deputada do BNG

Ler novas
Novas

O BNG defenderá nas distintas institucións a posta en marcha dun sistema ferroviario galego "que vertebre o país, e que acabe co abandono de Lugo en materia ferroviaria"

Rubén Arroxo anunciou que o BNG presentará unha moción ao vindeiro pleno municipal reclamando á Xunta "que se implique na xestión das cercanías ferroviarias de Galiza, do mesmo xeito que outras zonas do estado"

 

A iniciativa será defendida tamén polo BNG no Parlamento Galego e na Deputación de Lugo

Ler novas