nova
Novas

Maite Ferreiro preside unha nova xuntanza da Comisión de Festas

A concelleira de Cultura presentou aos grupos políticos os avances realizados na organización das festas de outubro

Maite Ferreiro: "O San Froilán Miúdo contará con 8 espectáculos na carpa do Seminario, ademais de xogos tradicionais, 4 espectáculos itinerantes e outras actuacións de rúa"

"Seguimos traballando para que o San Froilán deste ano volva ser a gran festa do outono galego", afirmou a concelleira

Ferreiro: "Un ano máis o PP amosa que está en contra do San Froilán"

Ler novas
Novas

Iria Buide preside unha nova xuntanza do Consello Escolar Municipal

Buide: "Esta xuntanza é un espazo de debate e análise da comunidade educativa que buscará o beneficio do estudantado e da mocidade de Lugo"

A concelleira de Educación trasladou ao organismo o éxito da recuperación das actividades no Parque Infantil de Tráfico, e afirmou que "o abandono da Xunta de Galiza ás súas competencias en materia educativa supón un importante esforzo tanto económico como administrativo para o Concello de Lugo"

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía continúa coas melloras na Avenida de Madrid cunha nova actuación de mellora do firme


Alexandre Penas: "Seguimos traballando para garantir a seguridade viaria traballando nun firme axeitado nas distintas zonas de Lugo"

O edil de Infraestruturas reclamou ao Goberno do Estado "que garanta o mantemento axeitado das infraestruturas da súa competencia", en relación á rotonda do fondo da Avenida de Madrid e á incorporación á N-VI desde a Avenida Breogán

Ler novas
Novas

O 010 aumenta a atención á veciñanza cunha nova canle a través de WhatsApp


A edil de Participación, Cristina López, afirmou que "coincidindo co 20 aniversario do servizo, ampliamos as vías de atención á veciñanza incorporando as novas tecnoloxías"

López destacou o esforzo realizado polo Goberno de Lugo no pasado mandato "para municipalizar este servizo e que a atención á veciñanza se ofreza por parte de traballadoras municipais"

Ler novas