onde
Novas

Gandeiras e gandeiros de Lugo acoden ao Parlamento onde se debateu unha proposición do BNG para reclamar á Xunta medidas urxentes ante a incidencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

As deputadas Montse Valcárcel e Ariadna Fernández recibiron, ao igual que todos os membros de rural do BNG, á delegación das e dos gandeiros lucenses

Valcárcel: "A Xunta ten que adoptar medidas urxentes e rematar coa situación de abandono á que están a condenar ás gandeiras e gandeiros"

Ler novas
Novas

O BNG instala un “letreiro de obra” no lugar onde conta instalar o acceso ao río

Lugo, 28 de xullo 2017. O BNG-AA instalou un “letreiro de obra” nas Saamasas no lugar onde ten os permisos pertinentes da Confederación Hidrográfica Miño Sil e da Consellería de Medio Ambiente, no que apunta información sobre o acceso ao río anunciando que o prazo de execución de obra será en canto a Deputación de Lugo o permita “nós deixámolo claro, en canto a Deputación o permita, que é a propietaria do terreo, faremos o acceso” sinalou Rubén Arroxo. O concelleiro nacionalista critica que o PSOE estea tan empeñado en evitar que a veciñanza de Lugo teña unha zona pública no río onde bañarse, e que despois de 8 anos sen facer nada, e cunha proposta do BNG aprobada en pleno, agora siga boicoteando unha proposta do propio grupo nacionalista “temos os permisos das outras institucións, pero o PSOE utiliza a Deputación como ferramenta para evitar que poidamos instalar o acceso”.

O BNG lamentou que xa pasara un mes dende que recibiu todas as aceptacións medioambientais, e que o goberno provincial do PSOE siga impedindo o uso deses terreos “o presidente da Deputación nin tan se queira aceptou recibirnos para falar do tema, tal e como lle pedimos hai 3 semanas, é unha pataleta que ten o PSOE de poñerse totalmente en contra de que a xente de Lugo poida usar o río para o baño” afirmou o voceiro do BNG, lembrando que Lugo segue a ser un dos poucos concellos polos que pasa o Miño e que non dispón dunha zona pública para o baño.

Para o BNG a posición que ten o PSOE a respecto da zona pública de baño no Miño é a de “non facer, nin deixar facer”, engadindo ademais que se destaparon todas aquelas falacias soltadas polo propio goberno de que era imposible facer esta infraestrutura en Lugo, ao descubrir o BNG, e facelo público, que o goberno municipal nunca rematara as xestións administrativas necesarias “o PSOE vai lograr algo inaudito, impedir que unha iniciativa positiva para Lugo como é esta, e con todos os permisos aceptados, quede paralizada polos seus caprichos” explicou Rubén Arroxo.

Ler novas