segue
Novas

Olalla Rodil: "Catro anos despois, o intento da Xunta de Galiza de dar uso ao antigo edificio de ASPNAIS fracasou, vimos moitos anuncios pero a día de hoxe o edificio segue baleiro"

A deputada do BNG valorou a resposta da Xunta de Galiza ás preguntas do BNG: "A Xunta só intentou unha cesión a dúas entidades, que rexeitaron o uso, cando estas instalacións podían mellorar o déficit de servizos públicos de Lugo"

O BNG propón á Xunta acometer as actuacións precisas nestas instalacións para habilitar unha nova escola infantil pública, rematando co actual déficit de prazas

Ler novas
Novas

"Lugo segue a ser castigado, esta vez coa retirada da conexión co AVE que chega ata Ourense" dixo Rubén Arroxo


Arroxo: "mentres Renfe continúa a eliminar servizos ferroviarios en Lugo, desde o BNG seguiremos traballando nas institucións e nas rúas para rematar con esta marxinación cada vez máis acentuada"

Rubén Arroxo: "coa nova da eliminación dunha das conexóns nocturnas con Ourense, Lugo xa perdeu na practica todas as opcións para desprazarse en tren, cada poucas semanas recibimos a noticia de que se reducen as conexións da nosa cidade"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo: "A Xunta segue a marxinar a Lugo, deixándonos fora da reclamación dun xulgado específico de violencia de xénero"


O portavoz do BNG criticou que se deixase fora a Lugo dunha necesidade "reclamada non só polo BNG, senon por todo o movemento feminista e ata respaldada polo Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero"

A Xunta vén de reclamar 12  novas unidades xudiciais deixando a Lugo fóra da solicitude trasladada ao Ministerio de Xustiza

Ler novas