urbano
Novas

Novo record de usuarios no bus urbano con 220.870 billetes expedidos en outubro



Rubén Arroxo: "Trátase non só do mellor mes de outubro desde que se gardan rexistros, senón que é o maior dato de usuarios rexistrado nun só mes"

O Tenente Alcalde e responsábel de Mobilidade afirmou que "as veciñas e veciños de Lugo están a usar máis que nunca o transporte público, un cambio de tendencia que vai da man cos cambios na mobilidade que transformaron a cidade nos últimos anos"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo: "O San Froilán bateu récords, tamén no bus urbano, con 6.599 usuarios máis que o ano anterior"

O Tenente Alcalde explicou que o transporte público non deixa de recibir usuarios: "levamos todo o 2024 superando as marcas de usuarios de anos anteriores"

Segundo Arroxo, "hai varios factores que facilitan o uso do bus urbano entre a veciñanza, como a concienciación a respecto das emisións, o aforro económico ou a comodidade do bus urbano con respecto a vehículo privado"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo e Cristina López inauguran a exposición Mexicráneos, a mostra de arte urbano máis grande de México


A área de Participación, en colaboración co Grupo Albia, achega esta mostra que conta con millóns de visitantes en todo o mundo, despois de pasar polos Estados Unidos ou Francia, coa única parada prevista en Galiza

Cristina López: "Traemos a Lugo a maior exposición de arte urbano de México, tratando a cultura da morte a través de 10 figuras de gran formato"

Ler novas