ANTÓN BAO CALIFICOU COMO “DECADENTES” OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA LUGO

ANTÓN BAO CALIFICOU COMO “DECADENTES” OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA LUGO

Lugo quedará sen servizos de hemodinámica e radioterapia no HULA mentres que hai un orzamento de máis de 4 millóns de euros para pagar concertos con servizos sanitarios privados

O voceiro do BNG no concello de Lugo lembrou a inexistencia do “famoso” Plan Impulsa, en materia de emprego, e denunciou a falta de previsión de investimento nesta eido para o ano 2013

Lugo, a 2 de xaneiro de 2013. Antón Bao fixo un repaso dos orzamentos previstos polo goberno da xunta para o ano 2013 e de como afectarán a Lugo en diferentes materias. Un dos aspectos sinalados como máis negativos foi a falta de previsión orzamentaria para dotar ao HULA dos servizos de hemodinámica e radioterapia mentres que hai máis de 4 millóns de euros previstos para pagar concertos con asistencia sanitaria privada. E informou que para o concello de Lugo somentes existe unha partida de 17.000 € de investimento para o laboratorio de saúde pública. Bao pediu que “o voceiro do PP no concello de Lugo de contas aos lucenses xa que no último pleno o PP rexeitou unha moción na que se pedía a implantación do servizo de hemodinámica e radioterapia no HULA”. A falta de orzamento en sanidade implica tamén que non haberá PAC no edificio da antiga residencia nin se lle dará solución a este edificio.

En materia de emprego Antón Bao referiuse a aquel “famoso” Plan Impulsa e falou da súa “ineficacia” xa que son case 20.000 as persoas desempregadas neste concello. “Esto quere decir que este plan que tiña por obxectivo crear e manter empresas non existe xa que continuamente vemos como se están pechando empresas”. Bao dixo que o peche de empresas no so afectaba a empresas como Cementos Cosmos ou Tablicia se non que tamén a afecta a outra moitas pequenas e medianas empresas que está nunha situación crítica ou pechando. Bao demandou da xunta un “plan efectivo”  e que “utilice o IGAPE como unha banca pública que de crédito ás empresas para que estas poidan manter o emprego”. Antón Bao exemplificou a falta de implicación coas políticas de emprego do goberno do PP nomeando unha partida denominada mellora da productividade do tecido productivo para a provincia de Lugo que conta cun orzamento de 1.076 € para o ano 2013.

En materia de educación o BNG segue a reivindicar a construcción dun novo centro educativo no barrio do Sagrado Corazón e melloras no colexo público de Quiroga Ballesteros. Nos orzamentos da xunta para o 2013 somentes aparece unha partida de 200.000 € para infraestruturas educativas para toda a provincia sen especificar cal pode ser o destino destes cartos.

En Benestar Social “a desaparación drástica de todas as axudas que a xunta daba aos concellos para prestar servizos nesta materia é gravísima” segundo o nacionalista Antón Bao que puxo como exemplo aclaratorio en materia de dependencia a existencia dunha partida con 480 €. Para Antón Bao “a xunta abandona á xente de Lugo”

En canto ás infraestruturas previstas Bao dixo que “vai en caída libre”. Non hai asignación económica para a ronda Leste, para o Plan Paradai “somentes hai 300.000 € e xa vai con 10 anos de retraso”. Para Bao “o auditorio é unha incógnita” xa que si é certo que se destinan 5 millóns para este ano 2013, Bao explicou que nos orzamentos do ano 2012 aparecía unha asignación para o ano 2014 de 9 millóns mentres que no documento do 2013 a partida prevista para o 2014 é de 7 millóns de euros e non figura investimento para o 2015. Esto supón que ou ben se espera un retraso na obra ou se fixo unha modificación para aforrar na obra e que o edificio sexa de peor calidade.

Bao tamén lembrou que non existe ningunha previsión para investimento en materia ferroviaria para desenvolver liña de ferrocaril de cercanías.

O portavoz do Bloque, Antón Bao, tamén criticou que non figure ningunha partida para o Museo da Romanización previsto no Cuartel de San Fernando. Ademais da perda que supón para Lugo que non se faga este investimento como unha infraestrutura cultural e de atractivo turístico-cultural tamén é preocupante “porque iso supón que un edificio histórico do centro de Lugo declarado Ben de Interese Cultural se siga a deteriorar a pasos axigantados correndo serio risco de ruína”.

Bao indicou tamén qu “ao BNG gustaríalle estar falando de acadar acordos coas outra forzas políticas tal e como pide gran parte da cidadanía para tomar posturas comúns” e engadiu que “o BNG está disposto a chegar a estes acordos pero con investimentos para Lugo. Se non hai ningún investimento para Lugo o BNG non pode chegar a eses acordos que demanda o PP”. Non se trata, dixo Antón Bao, “dunha confrontación como di o Sr. Castiñeiras se non que se trata de defender os intereses básicos dos lucenses”. Nesta liña Bao anunciou que o BNG  de Lugo presentará enmendas aos orzamentos da xunta para o 2013.

ANTÓN BAO CALIFICOU COMO “DECADENTES” OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA LUGO