Novas

Avanza o plan de renovación da rede de alumeado público municipal con dúas novas actuacións que se executarán nas vindeiras semanas

Alexandre Penas: "Con esta medida aforraranse 55.461 kWh no consumo eléctrico do alumeado público, ao mesmo tempo que melloramos a calidade tanto da instalación como das Infraestruturas"

A Tenencia de Alcaldía instalará luminarias LED en Mariña Española, praza da Liberdade, rúa Ortega e Gasset, Galicia, Doutor Fleming e na Avenida de Breogán, renovando un total de 92 luminarias e diferentes elementos das instalacións eléctricas

Ler novas

Comeza a reconstrución do muro de Frai Plácido Rei Lemos


Rubén Arroxo presentou o proxecto que se está a desenvolver a veciñas e veciños da zona

Rubén Arroxo: "A estrutura será dividida en diferentes bancais, que permitirán mellorar a integración paisaxística da zona e eliminar as barreiras arquitectónicas"

Crearanse novas zonas verdes e un novo paso accesible entre o barrio de Recatelo e o Parque de Rosalía

Ler novas

O BNG presenta alegacións ao proxecto da planta de biometano que afectará á cidade de Lugo


O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola deputada no Parlamento Galego, Montserrat Valcárcel, participou nunha mesa informativa colocada polo BNG na praza de Augas Férreas

Arroxo: "A veciñanza das zonas afectadas recolleu tamén centos de alegacións a este proxecto, isto demostra que hai un importante rexeitamento a unha industria que producirá un gran impacto negativo en Lugo"

Ler novas

Maite Ferreiro anuncia a programación do verán cunha nova edición do ciclo Tarde e Tardiña, "a edición máis internacional desta programación cunha peza chegada desde Arxentina"


Maite Ferreiro: "Trátase dunha serie de espectáculos de música, teatro e narración oral que se poderán desfrutar nas tardes dos xoves"

O ciclo Tarde e Tardiña 2024 comezará cunha peza que foi recoñecida cos premios Fetén e Lorca a mellor espectáculo de rúa no 2018, e co premio Paca a mellor espectáculo de circo petit

Ler novas