Novas

O BNG IMPULSA NO PARLAMENTO GALEGO INICIATIVAS PARA QUE SE CUBRAN AS NECESIDADES EDUCATIVAS DOS CENTROS DE ENSINO DE LUGO

Olalla Rodil: "Esixiámoslle á Xunta de Galiza que atenda de maneira inmediata as demandas da comunidade educativa da comarca de Lugo e que dote os centros dos recursos necesarios para garantir a máxima calidade do ensino"

"A Consellería de Educación debe retirar de maneira inmediata o aviso escrito que a Xefatura Territorial de Educación en Lugo enviou ás direccións dos centros educativos para impedir o acceso das ANPAS a datos oficiais", esixiu a deputada nacionalista

Ler novas
Acendido 2023

Comeza a montaxe do alumeado ornamental de Nadal

Instalarase máis de 1 millón de microleds, que se repartirán nas principais vías da cidade, con especial peso no Camiño Primitivo 

A Praza de Abastos e o Mercado Municipal contarán un ano máis con alumeado ornamental específico

Ler novas

Alexandre Penas: "Alegrámonos de que a Xunta recapacite e vaia solucionar os problemas creados no acceso ao barrio de Casás"

O edil de infraestruturas reclamou "premura" na solución dos verquidos de auga ocasionados pola construcción do aparcadoiro da Avenida de Breogán "antes de que comece a época de choivas e o problema aumente"

Penas: "Trátase dun problema vinculado ao comezo da obra executada pola Xunta, o Concello ten que asegurarse de que se cumpre coa legalidade e que a obra non xera problemas na contorna"

Ler novas

Rubén Arroxo: "O San Froilán bateu récords, tamén no bus urbano, con 6.599 usuarios máis que o ano anterior"

O Tenente Alcalde explicou que o transporte público non deixa de recibir usuarios: "levamos todo o 2024 superando as marcas de usuarios de anos anteriores"

Segundo Arroxo, "hai varios factores que facilitan o uso do bus urbano entre a veciñanza, como a concienciación a respecto das emisións, o aforro económico ou a comodidade do bus urbano con respecto a vehículo privado"

Ler novas