Rubén Arroxo e Cristina López visita a Feira de Olería Lugo Tradicional, que se poderá visitar en Santo Domingo ata o día 8
A mostra, promovida pola Concellería de Participación e a Vicepresidencia da Deputación, reúne a 14 artesáns de todas as zonas do estado
Cristina López: "Por segundo ano, esta feira únese á ampla programación do San Froilán, coa intención de consolidarse nunha das máis importantes do estado"
Rubén Arroxo anunciou que os taxis actuarán durante o San Froilán como "puntos violeta móbiles"
Contamos un ano máis coa colaboración dun sector que leva anos implicado na loita contra a violencia machista" explicou Rubén Arroxo
O Tenente Alcalde e a Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, xuntáronse con integrantes da Asociación de Taxistas para "renovar o compromiso que ano a ano mantemos entre taxis e Concello"
Rubén Arroxo e Cristina López visitan a G-Night, un encontro europeo de divulgación científica celebrado en Lugo
O Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros acolle a Noite Europea das Persoas Investigadoras, un encontro que se celebra de xeito simultáneo en cidades de toda Europa
Arroxo: "Un ano máis, achega a ciencia ás rúas a través de obradoiros, demostracións e relatorios que demostran que a ciencia pode estar ao alcance de calquera"
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a tempada 2023 - 2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo
"Desde a área de Cultura do Concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo", afirmou Maite Ferreiro
Celebraranse 13 concertos entre o 20 de outubro de 2023 e o 15 de maio de 2024
A presentación contou coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro, xunto con representantes da directiva da Sociedade Filarmónica de Lugo
Rubén Arroxo anuncia as liñas de bus especiais para o San Froilán
Os dias 4, 6, 7 e 11 de outubro, as liñas 1.2, 1.4, 9, 10, 12 e 13 ampliarán o horario de servizo ata as 3 da mañá
Os aparcadoiros do Pazo Provincial dos Deportes e das Termas serán os dous aparcamentos disuasorios de gran capacidade das festas do San Froilán
Rubén Arroxo: "nos últimos anos Lugo avanzou de cara a un modelo de mobilidade sostible e amable coas persoas e o entorno"
Hoxe celébrase o día Europeo sen coches con actividades para nenas e nenos na praza Horta do Seminario e coa gratuidade do bus urbano
A praza Horta do Seminario acolleu durante a tarde unha serie de actividades para as nenas e nenos, promocionando o bus urbano e os medios de transporte alternativos
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o programa do San Froilán
A programación inclúe a volta de actividades como o desfile do gando ou a 51 edición do desfile do traxe tradicional, con preto de 200 actividades das cales máis de 100 son musicais
"Contamos con máis de medio cento de agrupacións locais que animarán as rúas e exercerán de teloneiros dos concertos principais", explicou Maite Ferreiro
Hard Gz e Carolina Durante, novas confirmacións para o San Froilán 2023
Rubén Arroxo: "precisamos melloras reais na infraestrutura ferroviaria que nos permitan usar o tren nos desprazamentos interurbanos"
O portavoz do BNG reclamou actualizar as vías "para garantir que o traxecto Lugo – A Coruña se poida realizar en 45 minutos, e dotar a Lugo dunha conexión directa con Compostela, algo realizable cunha simple vairante de 27 Km"
Arroxo afirmou que a proposta de liñas circulares "mellorará a situación, mais o problema das conexións ferroviarias de Lugo requiren de investimentos serios para modernizar unha infraestrutura que quedou anclada no século XIX"
Rubén Arroxo confirma a Luar na Lubre e La M.O.D.A, para o San Froilán 2023
Luar na Lubre estará en Lugo o 9 de outubro a partir das 21h na praza de Santa María o seu novo traballo, Luar na Lubre XX Encrucillada, un libro-disco que compila os case 40 anos de historia da banda
A banda burgalesa La M.O.D.A ocupará o escenario da Horta do Seminario o 11 de outubro a partir das 22:00