concello
Novas

Rubén Arroxo e Iria Buide reciben no Concello aos estudantes do IES Muralla Romana que representarán a Lugo na fase final do certame de programación "ProgramaMe"


Os tres estudantes gañadores, Juan David Artunduaga, Brais Darriba e Xoán Sangiao, xunto co seu profesor Alberto Barreira e a xefa do departamento de informática do centro, Esther López, visitaron o Concello co Tenente Alcalde e a concelleira de Educación

O IES Muralla Romnana representará a Galiza na fase final que se celebrará preto do final do curso escolar nas instalacións da Universidade Complutense de Madrid

Ler novas
Novas

Cristina López comeza unha rolda de visita ás parroquias protagonistas do calendario elaborado dende o Arquivo do Concello para o ano 2025

A nova edición "A terra entre as mans II", recolle imaxes e documentos históricos relacionados co rural e o entorno da cidade

A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que "dado o éxito acadado, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo"

López xuntouse hoxe coa veciñanza de Ombreiro a quen entregou as primeiras copias do calendario 2025

Ler novas