cultura
Novas

A área de Cultura e o Colectivo Glovo organizan unha nova edición das residencias artísticas Atopémonos Bailando

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, xunto con integrantes do Colectivo Globo, presentaron os 8 proxectos seleccionados, que chegarán a Lugo desde distinas zonas do mundo para realizar proxectos de investigación relacionados coas artes do movemento nas instalacións da área de Cultura

Entre os meses de abril e novembro, as 8 agrupacións e artistas seleccionadas realizarán unha estadía en Lugo, que rematará cunha representación aberta ao público amosando o traballo realizado

Maite Ferreiro: "Ano tras ano vemos como o MIHL, pola súa singularidade e as súas capacidades, é un dos espazos máis reclamados para este proxecto"

Ler novas
Novas

Maite Ferreiro: "A área de Cultura conta cunha intensa programación para público familiar durante o Nadal"

A área de Cultura organiza distintas actividades entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro para toda veciñanza, que se ampliarán con máis actividades e cos 3 mercados de Nadal ubicados en distintos puntos do centro da cidade

Os Reis volverán percorrer as rúas do centro de Lugo o vindeiro 5 de decembro, saíndo do Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 e percorrendo a Avenida da Coruña, con remate na Praza Maior a través da rúa Vilalba e Bispo Aguirre

Ler novas