O BNG de Monterroso lamenta que unha vez máis se perdan subvencións por desidia do goberno do PP
Brais Vázquez "Monterroso recibirá 0€ dunhas axudas moi necesarias para a mellora do seu parque empresarial"
Brais Vázquez "Monterroso recibirá 0€ dunhas axudas moi necesarias para a mellora do seu parque empresarial"
Reforzarase a estrutura da ponte e substituiranse os sillares danados
Alexandre Penas: "desde a Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo traballamos para garantir o mellor estado de conservación da Ponte Romana, un Ben de Interese Cultural que se atopa nunha zona de especial protección"
Rubén Arroxo: "un ano máis, permitiremos que os distintos locais de hostalería vendan o polbo nas rúas de Lugo"
Maite Ferreiro anunciou os dous primeiros concertos do San Froilán 2023: Elíades Ochoa e Ciudad Jara, que estarán na praza Horta do Seminario o xoves 5 e o sábado 7 respectivamente
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura: "Traballamos con celeridade para garantir o bo estado da arte urbana da cidade"
O traballo representa a un García Lorca suxeitando a outro xa morto despois de ser fusilado
O traballo representa a un García Lorca suxeitando a outro xa morto despois de ser fusilado
Monterroso , 2 de agosto 2023.- O pasado venres publicouse no DOG a resolución das subvencións para a construción, reforma, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de carácter municipal e tamén para adquisición de equipamento deportivo.
Estas axudas solicitáronse en marzo do 2023 e, por exemplo, o veciño concello de Antas de Ulla vai recibir dúas subvencións, duns 42000 euros unha e duns 10000 euros outra.
“Monterroso recibirá 0 euros. Co ben que poderían usarse estas axudas para Cerdeiriños ou as pistas de padel, xusto cando está a piques de comezar a tempada”. Sinala Brais Vázquez, concelleiro do BNG.
“Cremos que, a pesar de que nos acusaron a nós de non ter financiamento para o que propoñiamos na campaña electoral, é o actual equipo de goberno o que deixa pasar oportunidades a pesar de compartir siglas coa Xunta, algo do que tamén alardean”.
O BNG de Monterroso critica que cando o actual equipo de goberno puido solicitar dita subvención deportiva non o fixo e ademais sinalan que seguen sen estar actualizadas as instalacións municipais no rexistro RIDEGA e polo tanto, aínda que se outorgase algún tipo de axuda non podería usarse, igual que lle pasou a outros concellos.“Xa avisamos, tamén, na campaña electoral que seguen sen actualizarse os rexistros de instalacións, tamén nos acusaron de mentir sobre isto, pero o tempo danos a razón”. Remata dicindo Brais Vázquez
Rubén Arroxo: "Lugo contou durante as pasadas festas cunha iluminación espectacular e decoración en toda a cidade que repetiremos este ano"
O Concello de Lugo acaba de renovar o acordo do subministro que iluminou as rúas da cidade durante as celebracións do 2022, cun orzamento total de 86.131,79 €
Rubén Arroxo: "estas rúas contan actualmente con luminarias que teñen xa máis de 20 anos, que quedaron obsoletas, e que serán substituídas por luminarias LED de baixo consumo e maior luminosidade"
Rubén Arroxo: "seguimos traballando para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das zonas urbanas e periurbanas"