hoxe
Novas

Rubén Arroxo e Iria Buide achegáronse ata o Parque Infantil de Tráfico para dar a benvida a un dos grupos de estudantes de Lugo que desfrutou hoxe dunha sesión de formación vial

Antes do comezo das actividades, o Goberno de Lugo executou unha serie de tarefas de mellora das instalacións, entre as que destaca a renovación da sinalización horizontal


Buide destacou que o Goberno de Lugo oferta estas actividades aos centros de ensino de xeito gratuíto e anunciou que máis de 400 estudantes visitarán o PIT nas vindeiras semanas

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo e Cristina López visitan as instalacións do 010, que cumpre hoxe 20 anos desde a súa posta en servizo

Cristina López, edil responsábel do servizo de atención á veciñanza afirmou que "estamos traballando para poñer en marcha unha serie de melloras neste servizo que simplifiquen a atención a todas as persoas que chamen ao 010"

López destacou o esforzo realizado polo Goberno de Lugo no pasado mandato "para municipalizar este servizo e que a atención á veciñanza se ofreza por parte de traballadoras municipais"

Ler novas