lugo
Novas

O BNG recolle máis de 300 alegacións ao proxecto de Altri na mesa informativa colocada hoxe no centro de Lugo

Rubén Arroxo, portavoz do BNG, afirmou que "a veciñanza de Lugo está a deixar claro que rexeita un proxecto nocivo para o medio ambiente"

Arroxo: "Estamos diante dunha actividade industrial nin sostible nin moito menos circular, terá uns fortísimos impactos no territorio e no ambiente"

O BNG reclama á Xunta o desenvolvemento dunha alternativa para a dinamización socioeconómica da Ulloa, a Terra de Melide e o Alto Ulla, co obxectivo de fomentar actividades sustentábeis que xeren emprego e que fixen e atraian poboación

Ler novas
Novas

O BNG defenderá nas distintas institucións a posta en marcha dun sistema ferroviario galego "que vertebre o país, e que acabe co abandono de Lugo en materia ferroviaria"

Rubén Arroxo anunciou que o BNG presentará unha moción ao vindeiro pleno municipal reclamando á Xunta "que se implique na xestión das cercanías ferroviarias de Galiza, do mesmo xeito que outras zonas do estado"

 

A iniciativa será defendida tamén polo BNG no Parlamento Galego e na Deputación de Lugo

Ler novas