nova
Novas

A Tenencia de Alcaldía completa a peonalización de Recatelo cunha nova actuación no Carril dos Loureiros

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse coas veciñas e veciños da zona "para traballar co consenso da veciñanza da zona nunha nova actuación que permitirá completar a mellora integral do barrio de Recatelo"

O proxecto elaborado polo Goberno de Lugo contemplará a renovación de todos os servizos soterrados, ademais do mobiliario urbano con novas zonas verdes e o alumeado, avanzando na implantación de puntos de luz LED de baixo consumo

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo participou na recollida de alegacións ao proxecto de Altri posta en marcha por Galiza Nova, organización xuvenil do BNG


O BNG colocará unha mesa informativa sobre o proxecto, onde recollerá as alegacións da veciñanza, o vindeiro xoves entre as 18 e as 19:30 no cruce da rúa da Raíña coa praza Maior

Arroxo: "Estamos diante dunha actividade industrial nin sostible nin moito menos circular, terá uns fortísimos impactos no territorio e no ambiente"

O BNG reclama á Xunta o desenvolvemento dunha alternativa para a dinamización socioeconómica da Ulloa, a Terra de Melide e o Alto Ulla, co obxectivo de fomentar actividades sustentábeis que xeren emprego e que fixen e atraian poboación

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anuncian unha nova representación teatral que amplía a programación do Auditorio Municipal Gustavo Freire

A área de Cultura trae unha peza de teatro colombiano, unha mostra das artes escénicas iberoamericanas

Maite Ferreiro: "Ao longo do ano iremos programando diversos espectáculos de diferentes paises que podan servir comounha fiestra para mirar outras culturas e linguaxes"

Tomás, do colectivo SinMenteTeatro, chegará ao Auditorio Municipal Gustavo Freire o 7 de abril

Ler novas
Novas

A área de Cultura e o Colectivo Glovo organizan unha nova edición das residencias artísticas Atopémonos Bailando

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, xunto con integrantes do Colectivo Globo, presentaron os 8 proxectos seleccionados, que chegarán a Lugo desde distinas zonas do mundo para realizar proxectos de investigación relacionados coas artes do movemento nas instalacións da área de Cultura

Entre os meses de abril e novembro, as 8 agrupacións e artistas seleccionadas realizarán unha estadía en Lugo, que rematará cunha representación aberta ao público amosando o traballo realizado

Maite Ferreiro: "Ano tras ano vemos como o MIHL, pola súa singularidade e as súas capacidades, é un dos espazos máis reclamados para este proxecto"

Ler novas