Lugo, 29 de outubro de 2019. A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o soto da praza de Abastos acolle o Mercado Especial das Flores, que dende a área se organiza con motivo da festividade de Santos. Este ano, contará con 10 postos que estarán abertos até o día 31 de 8 a 20 horas.
Cristina López lembrou tamén que durante o día de Santos, o Cemiterio encherase de música clásica de 11 a 13:30 e de 16 a 17 horas, e que as persoas que se acheguen, contarán con buses especiais cada 20 minutos.