Novas

Rubén Arroxo e Cristina López presentan o proxecto de orzamentos participativos da Tenencia de Alcaldía para o 2024

"Unha serie de xuntanzas en distintos centros de convivencia municipais permitirannos escoitar á veciñanza e planear os investimentos en cada zona da cidade", explicou Rubén Arroxo

A primeira xuntanza terá lugar o vindeiro xoves, a partir das 18:00 no Centro de Convivencia María Balteira, dirixida á veciñanza da zona norte da cidade

Habilitarase o correo electrónico [email protected] para que toda a veciñanza poida realizar as súas propostas

Ler novas

Rubén Arroxo: "Durante o San Froilán batéronse todos os récords de usuarios no bus urbano, varios días houbo máis de 9000 usuarios"

O Tenente Alcalde explicou que o transporte público non deixa de recibir usuarios: "este mes de setembro foi o terceiro mellor setembro do século XXI"

Segundo Arroxo, "hai varios factores que facilitan o uso do bus urbano entre a veciñanza, como a concienciación a respecto das emisións, o aforro económico ou a comodidade do bus urbano con respecto a vehículo privado"

Ler novas