Novas

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a tempada 2023 - 2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo

"Desde a área de Cultura do Concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo", afirmou Maite Ferreiro

Celebraranse 13 concertos entre o 20 de outubro de 2023 e o 15 de maio de 2024

A presentación contou coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro, xunto  con representantes da directiva da Sociedade Filarmónica de Lugo

Ler novas
IMG_0018 (2)

O Recinto Feiral do San Froilán, listo para abrir

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visistaron, xunto cos comisarios do Recinto Feiral do San Froilán, a montaxe dos postos

Ferreiro lembrou a importancia que as barracas teñen dentro da gran festa do outono galego "que volve entre o 4 e o 12 de outubro para encher as rúas de Lugo con centos de actividades"

Ler novas

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan o programa do San Froilán

A programación inclúe a volta de actividades como o desfile do gando ou a 51 edición do desfile do traxe tradicional, con preto de 200 actividades das cales máis de 100 son musicais

"Contamos con máis de medio cento de agrupacións locais que animarán as rúas e exercerán de teloneiros dos concertos principais", explicou Maite Ferreiro

Hard Gz e Carolina Durante, novas confirmacións para o San Froilán 2023

Ler novas

Rubén Arroxo: "precisamos melloras reais na infraestrutura ferroviaria que nos permitan usar o tren nos desprazamentos interurbanos"

O portavoz do BNG reclamou actualizar as vías "para garantir que o traxecto Lugo – A Coruña se poida realizar en 45 minutos, e dotar a Lugo dunha conexión directa con Compostela, algo realizable cunha simple vairante de 27 Km"

Arroxo afirmou que a proposta de liñas circulares "mellorará a situación, mais o problema das conexións ferroviarias de Lugo requiren de investimentos serios para modernizar unha infraestrutura que quedou anclada no século XIX"

Ler novas