“Subirán as tarifas dos aparcadoiros soterrados pero non aumenta o tamaño das prazas”
O voceiro do BNG-AA lembrou que “a alcaldesa comprometeuse a negociar o aumento do tamaño das prazas de aparcamento pero non se fixo nada”
O voceiro do BNG-AA lembrou que “a alcaldesa comprometeuse a negociar o aumento do tamaño das prazas de aparcamento pero non se fixo nada”
Rubén Arroxo lembrou que “a alcaldesa anunciou a creación dun aparcamento cerca da rúa Dinan e a apertura polas tardes do aparcadoiro do edificio do seminario, e non se fixo nada”
Para o BNG “é unha xestión nefasta” que se faga unha previsión de 521.000 € en aparcadoiros disuasorios e non se dea solución aos soterrados, ao sistema ORA, ao aparcamento na zona do HULA, ou á zona saturada de Fontiñas
A edil do BNG-AA pediu na comisión que se aclare se a empresa adxudicataria eliminou postos de traballo dende que obtivo a concesión municipal e que repercusións legais pode ter
Maite Ferreiro informou “existe informe da policía local que detalla que os aparcadoiros permanecen pechados durante a noite a da publicidade de que están abertos as 24 horas”
Rubén Arroxo, voceiro do BNG-AA, dixo que “levamos tempo aportando solucións posibles para a mobilidade nesta cidade e seguimos dando solucións”
“Fai pouco permitiuse a instalación dun circo con animais nun terreo privado e entendemos que crear aparcadoiros ten que ser moito máis sinxelo” dixo Arroxo