Rubén Arroxo presenta a iniciativa Lugo a Pé coa que a área de Mobilidade potenciará o desprazamento a pé pola cidade
As marquesiñas do bus urbano acollerán paneis informativos sobre os tempos de desprazamento entre os principais puntos da cidade
Rubén Arroxo: "presentamos unha iniciativa que permitirá ás veciñas e veciños de Lugo realizar os seus desprazamentos de xeito amable co medio ambiente compaxinando o bus urbano e os desprazamentos a pé"
O Goberno de Lugo presenta esta iniciativa na primeira xornada da Semana da Mobilidade
Preséntase a 45 edición da Semana de Cine de Lugo, coa que colabora a área de Cultura
Maite Ferreiro presentou no día de hoxe o programa que se desenvolverá do 18 ao 23 de setembro
Ferreiro destacou o papel do grupo Fonmiñá "na promoción e difusión do cine entre a veciñanza de Lugo"
A Tenencia de Alcaldía colabora coa Volta á Casa, que achega o comercio local ás rúas
Distintos comercios da cidade manterán abertos postos de venta na rúa durante todo o día
Arroxo destacou que o comercio local é un sector estratéxico "tanto desde o punto de vista económico como da creación de emprego"
Felipe Rivas anuncia novas actividades de xadrez na rúa continuando coa programación anual de xadrez da concellería de Educación
O Goberno de Lugo e a Asociación cultural Xaquedrum levan adiante esta proposta de promoción do xadrez nas rúas
Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e Jacobo García presentan o XVIII Concurso de Tapas, organizado pola APEHL en colaboración coa área de Cultura
O concurso de tapas terá lugar do 3 ao 19 de novembro
Ata o vindeiro 15 de setembro poderán anotarse os distintos locais de hostalería que desexen participar
Alexandre Penas visita, xunto con veciñanza da zona, a rotonda temporal de Río Sil coa rúa Conde
Lugo, 04 de novembro de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou, xunto con veciñanza da zona, o cruce entre as rúas Conde e Río Sil, onde no día de hoxe se realizou a instalación temporal dunha rotonda para comprobar o seu funcionamento neste cruce. “Cos datos que se recollan decidirase se continuar adiante coa sinalización definitiva dunha rotonda ou é preciso buscar outro tipo de solución”, declarou Alexandre Penas.
A concellería de Infraestruturas Urbanas contará coas observacións da empresa adxudicataria do pintado da sinalización horizontal e dos datos que recollan tanto o servizo de Enxeñaría do Concello como a Policía Local acerca da maniobrabilidade e da mellora na circulación que produza esta solución. “Trátase dun dos puntos con máis colisións de vehículos da cidade ao que queremos dar a mellor solución posíbel, atendendo ao mesmo tempo ás solicitudes da veciñanza da zona”.
A concellería de Infraestruturas habilitará unha rotonda provisional no cruce de Río Sil coa rúa Conde
A concellería de Infraestruturas Urbanas busca con esta medida mellorar a seguridade dun dos puntos máis conflitivos de Lugo