froilán
Novas

Maite Ferreiro preside a primeira xuntanza da Comisión de Festas de cara ao San Froilán 2025

A concelleira de Cultura anunciou que este ano se modificarán os pregos das casetas e dos caldeiros "licitando só os tres que se cubriron os últimos anos, e aproveitando o novo espazo baleiro para ampliar o número de barracas do feiral"

O Feiral abrirá entre o 26 de setembro e o 12 de outubro, mentres que as casetas poderán desenvolver a súa actividade entre o 26 de setembro e o 2 de novembro, co polbo a 15€ a ración

Maite Ferreiro: "Este ano o San Froilán repetirá como a gran festa do outono galego"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo: "O San Froilán bateu récords, tamén no bus urbano, con 6.599 usuarios máis que o ano anterior"

O Tenente Alcalde explicou que o transporte público non deixa de recibir usuarios: "levamos todo o 2024 superando as marcas de usuarios de anos anteriores"

Segundo Arroxo, "hai varios factores que facilitan o uso do bus urbano entre a veciñanza, como a concienciación a respecto das emisións, o aforro económico ou a comodidade do bus urbano con respecto a vehículo privado"

Ler novas