O BNG de Monterroso lamenta que unha vez máis se perdan subvencións por desidia do goberno do PP
Brais Vázquez "Monterroso recibirá 0€ dunhas axudas moi necesarias para a mellora do seu parque empresarial"
Brais Vázquez "Monterroso recibirá 0€ dunhas axudas moi necesarias para a mellora do seu parque empresarial"
Até a localidade da Ulloa achegouse a deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira, que aconpañou ao Concelleiro , Brais Vázquez e a militantes e simpatizantes da organización da localidade
O PP e o PSOE negaron esa posibilidade co seu voto en contra
O concelleiro Brais Vázquez advirte que unha vez máis PP e PSOE votan xuntos e con isto o que fan " é gobernar de costas á veciñanza" e reclama que "escoitar á veciñanza, que son as persoas para as que se goberna, debería ser unha obriga "
Monterroso , 2 de agosto 2023.- O pasado venres publicouse no DOG a resolución das subvencións para a construción, reforma, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de carácter municipal e tamén para adquisición de equipamento deportivo.
Estas axudas solicitáronse en marzo do 2023 e, por exemplo, o veciño concello de Antas de Ulla vai recibir dúas subvencións, duns 42000 euros unha e duns 10000 euros outra.
“Monterroso recibirá 0 euros. Co ben que poderían usarse estas axudas para Cerdeiriños ou as pistas de padel, xusto cando está a piques de comezar a tempada”. Sinala Brais Vázquez, concelleiro do BNG.
“Cremos que, a pesar de que nos acusaron a nós de non ter financiamento para o que propoñiamos na campaña electoral, é o actual equipo de goberno o que deixa pasar oportunidades a pesar de compartir siglas coa Xunta, algo do que tamén alardean”.
O BNG de Monterroso critica que cando o actual equipo de goberno puido solicitar dita subvención deportiva non o fixo e ademais sinalan que seguen sen estar actualizadas as instalacións municipais no rexistro RIDEGA e polo tanto, aínda que se outorgase algún tipo de axuda non podería usarse, igual que lle pasou a outros concellos.“Xa avisamos, tamén, na campaña electoral que seguen sen actualizarse os rexistros de instalacións, tamén nos acusaron de mentir sobre isto, pero o tempo danos a razón”. Remata dicindo Brais Vázquez
Interviñeron o candidato do BNG á alcaldía, Brais Vázquez, e a deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Carme Aira
Brais Vázquez “temos que poñer en marcha medidas de apoio ao noso rural, é un dos nosos bastións económicos”
O deporte en Monterroso está paralizado pola inacción de diferentes gobernos municipais, como é o caso do polideportivo, o que tras diferentes alcaldías e compromisos continúa sen abrir
Brais Vázquez, candidato do BNG á alcaldía “O compromiso do BNG é poñer a funcionar este Concello, no que aumentaremos o orzamento en deporte como mínimo o 2% fronte o actual 0,007%, abrir unha liña de axudas e o impulso dunha escola deportiva municipal”
Brais Vázquez, candidato do BNG á alcaldía de Monterroso “É o momento de darlle a Monterroso un novo impulso, as persoas que conformamos a candidatura do BNG estamos preparadas para encarar un proxecto que ilusione”
Un total de 12 persoas que conforman a candidatura para abrir un tempo novo en Monterroso cun obxectivo “sumar co BNG para dar pasos adiante e poñer as mellores ideas para avanzar a favor dos intereses das veciñas e veciños”
Brais Vázquez, membro do BNG en Monterroso “o goberno desaproveita, unha vez máis, axudas que existen en beneficio da veciñanza”
As nacionalistas destacan que a veciñanza vai ter que afrontar custos por non levar a cabo esta comprobación
As familias usuarias tiveron que abonar até decembro por un servizo que agora é gratuito, o cal están a esperar cando se lles efectúa o reintegro
Brais Vázquez, membro do BNG en Monterroso “moitas familias están preocupadas por si se lles vai a devolver os pagamentos do servizo”
Esta medida impulsarase a través das emendas do BNG aos orzamentos do 2023 da Xunta de Galiza
Brais Vázquez, membro do BNG en Monterroso “é unha demanda da comunidade escolar a que quere unhas instalacións dignas e seguras para as crianzas”