O BNG defenderá no pleno de novembro que Correos abra unha oficina de atención ao público na nova nave do Parque Empresarial das Gándaras
Arroxo: "Recollemos a proposta que CIG-Correos presentou á empresa pública, esta nova oficina permitiría unha mellor atención ás empresas que xa traballan con Correos e que están no Ceao ou nas Gándaras"
O novo centro loxístico de Correos, en funcionamento desde o 21 de outubro, concentra as unidades de reparto da cidade de Lugo, incluíndo á zona rural, paquetería e notificacións