servizo
Novas

Olalla Rodil: "Debemos xerar espazos rurais atractivos para a poboación e poñer a administración ao servizo das persoas que apostan polo noso territorio"

A candidata do BNG por Lugo dixo que "Galiza ten que facer valer a súa capacidade produtiva e a calidade das producións que temos no rural"

Rodil mantivo unha xuntanza co sector productivo no lugar de Neipín, no concello A Pontenova, e incidiu "na necesidade de que as persoas que viven no rural vexan no goberno da Xunta un aliado e non un enemigo como sucede co PP"

Ler novas
Novas

Olalla Rodil e Carme Aira propuxeron unha sanidade pública ao servizo das persoas nun acto en Pantón

"Especialmente no sur de Lugo danse todas as circunstancias para reforzar unha sanidade que o PP está a desmantelar" dixo a representante do BNG por Lugo ante o Parlamento Galego

Rodil asegurou que "faltan moito persoal en diversos centros de atención sanitaria en todo o país e proba desto son as masivas mobilizacións que se están a levar a cabo en distintas comarcas e localidades"

Ler novas