veciñanza
Novas

Montse Valcárcel: "A veciñanza da Residencia segue a agardar a que a Xunta elimine un anaco do antigo muro do hospital"


A Xunta deixou un anaco dous metros do antigo muro apuntalados xunto cunha serie de conexións eléctricas "hai un ano denunciamos a situación e vemos como, despois da retirada das conexións eléctricas, a Xunta non se preocupa por rematar as súas obras"

Segundo a deputada do BNG, "isto é unha mostra máis do abandono da Xunta á cidade de Lugo"

Ler novas
Novas

O 010 aumenta a atención á veciñanza cunha nova canle a través de WhatsApp


A edil de Participación, Cristina López, afirmou que "coincidindo co 20 aniversario do servizo, ampliamos as vías de atención á veciñanza incorporando as novas tecnoloxías"

López destacou o esforzo realizado polo Goberno de Lugo no pasado mandato "para municipalizar este servizo e que a atención á veciñanza se ofreza por parte de traballadoras municipais"

Ler novas
Novas

O BNG de Lugo chama á veciñanza a participar na mobilización deste sábado na Pobra do Caramiñal contra a en contra da implantación da macrocelulosa de Altri após coñecer o informe favorábel da Xunta de Galiza


Rubén Arroxo: "O BNG continúa a traballar para frear un proxecto que será lesivo para Galiza e tamén para Lugo, dado que a contaminación da planta chegará ata a cidade"

As e os veciños que queiran achegarse á Pobra o día 22 contarán cun bus que sairá desde Lugo ás 9:00 do Edificio Sindical

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía apoia os obradoiros de divulgación "Ciencia á Feira", que achegan á veciñanza a labor investigadora do Campus Terra

Maite Ferreiro e Cristina López, xunto con representantes da FECYT e integrantes do grupo XuvenLab da USC, presentaron a iniciativa que chega o vindeiro xoves ao colexio e á feira de Nadela

Ciencia á Feira aborda na súa segunda edición a resistencia a superbacterias, o valor do monte comunal, o impacto económico das velutinas e os bosques como sumidoiros de carbono

Ferreiro destacou a importancia "de achegar a ciencia á veciñanza con actividades que amosan o importante traballo do Campus de Lugo"

 

Ler novas