xunta
Novas

Rubén Arroxo: "A Xunta ten que cumprir cos compromisos pendentes con Lugo"

Rematar a rehabilitación da Tinería, protexer o parque do rato e asumir as funcións que delegan nos concellos son as principais reclamacións do portavoz do BNG ante o consello da Xunta que se celebra hoxe en Lugo

Arroxo: "A creación do Gran Parque Central pode crear un espazo peonil de máis de 27.000 metros cadrados, case 3 hectáreas"

Ler novas
Novas

O BNG presenta iniciativas no Parlamento para reclamar á Xunta que se alonxen as plantas de biometano das vivendas

Rubén Arroxo e Montse Valcárcel presentaron a iniciativa do BNG á veciñanza afectada polo proxecto de Coeses, que instan á Xunta a "lexislar o sector establecendo unha serie de parámetros que deban cumprir para garantir a convivencia entre a actividade e a calidade de vida"
 

Rubén Arroxo: "A Xunta debería seguir os pasos xa iniciados polo PP en Castela e León, limitando a proximidade desdtas plantas cos núcleos de poboación"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo: "Alegrámonos polos 12 millóns anunciados para Ferrol, pero a Xunta ten que investir en todas as cidades, tamén en Lugo"


O Tenente Alcalde cuestionou o criterio da Xunta, anunciando 12 millóns de euros para a cidade de Ferrol "e vendendo como un gran investimento o cambio dun valado metálico por un de madeira no barrio de Tinería"

Arroxo lembrou que "os últimos anuncios da Xunta consisten en volver comezar proxectos que se iniciaron no ano 2008  e que o PP deixou sen executar"

Ler novas
Novas

O BNG de Lugo chama á veciñanza a participar na mobilización deste sábado na Pobra do Caramiñal contra a en contra da implantación da macrocelulosa de Altri após coñecer o informe favorábel da Xunta de Galiza


Rubén Arroxo: "O BNG continúa a traballar para frear un proxecto que será lesivo para Galiza e tamén para Lugo, dado que a contaminación da planta chegará ata a cidade"

As e os veciños que queiran achegarse á Pobra o día 22 contarán cun bus que sairá desde Lugo ás 9:00 do Edificio Sindical

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo: "Alegrámonos de que por fin a Xunta retire o valado dos fornos da Tinería, que levaba tempo caendo"


O portavoz do BNG de Lugo reclamou "que esta actuación non quede só nun cambio estético do peche do terreo, é preciso reanudar as excavacións proxectadas cando o BNG iniciou desde a Xunta a rehabilitación do barrio"

Arroxo: "Cando o PP chegou ao goberno da Xunta no 2009 paralizou a rehabilitación integral dun barrio que hoxe podería ser un modelo de recuperación a nivel internacional"

Ler novas