alcaldía
Novas

A Tenencia de Alcaldía completa a peonalización de Recatelo cunha nova actuación no Carril dos Loureiros

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse coas veciñas e veciños da zona "para traballar co consenso da veciñanza da zona nunha nova actuación que permitirá completar a mellora integral do barrio de Recatelo"

O proxecto elaborado polo Goberno de Lugo contemplará a renovación de todos os servizos soterrados, ademais do mobiliario urbano con novas zonas verdes e o alumeado, avanzando na implantación de puntos de luz LED de baixo consumo

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía renova o deseño da tarxeta cidadá


Rubén Arroxo: "Animamos á veciñanza a obter a tarxeta cidadá e usar o bus urbano nos seus desprazamentos"

A tarxeta cidadá permite aforrar ata o 50% no prezo do bus urbano, un dos máis baratos do estado, e desfrutar de transbordo gratuíto

O transporte público continúa a batir récords de usuarios con 201.315 viaxeiros no mes de abril, marcando o mellor abril desde que se gardan rexistros, con só un 3.34% de transbordos

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía mellora a imaxe das entradas á cidade

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron a rúa San Eufrasio, onde se renovou a estética de elementos accesorios á calzada que facilitan a mobilidade na rúa


Arroxo: "Seguimos traballando na mellora destes elementos, que facilitan a mobilidade e a accesibilidade nas rúas"
 

 

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar as instalacións do Mercado Municipal coa apertura dunha sala de lactancia

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, e Cristina López, edil de Participación visitaron as novas instalacións xunto con integrantes da asociación Arrolos ao Ar

Cristina López: "Seguimos a traballar para facer da Praza e do Mercado lugares de referencia para o comercio local, poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras"

Ler novas