do
Novas

O BNG acompaña á veciñanza de Nadela ante un novo intento de peche do Centro de Saúde por parte da Xunta de Galiza


Rubén Arroxo estivo presente na entrega de preto dun milleiro de sinaturas recollidas pola veciñanza afectada

O portavoz do BNG afirmou que a situación de Nadela "responde á estratexia do PP de desmantelar a sanidade pública"

Beatriz Jato, portavoz da plataforma en defensa do centro de saúde de Nadela: "As veciñas e veciños vémonos obrigadas a acudir a Urxencias ou a esperar semanas ata ter unha cita no centro de saúde"

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía activa a contratación da renovación do Carril dos Loureiros, completando a peonalización do barrio de Recatelo

Rubén Arroxo: "levamos meses traballando en rematar a renovación de Recatelo cun proxecto que avance na creación de novos puntos verdes e a instalación de novo alumeado de baixo consumo"

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas mantiveron durante o proceso de elaboración do proxecto múltiples xuntanzas coa veciñanza "para traballar co consenso das veciñas e veciños da zona"

Ler novas
Novas

Comeza a reconstrución do muro de Frai Plácido Rei Lemos


Rubén Arroxo presentou o proxecto que se está a desenvolver a veciñas e veciños da zona

Rubén Arroxo: "A estrutura será dividida en diferentes bancais, que permitirán mellorar a integración paisaxística da zona e eliminar as barreiras arquitectónicas"

Crearanse novas zonas verdes e un novo paso accesible entre o barrio de Recatelo e o Parque de Rosalía

Ler novas