Novas

Rubén Arroxo presenta o proxecto de peonalización da rúa Gallego Tato

ubén Arroxo: “trátase do novo paso adiante dentro da mellora das zonas escolares da cidade”

O Goberno de Lugo abrirá o procedemento de licitación desta obra nas vindeiras semanas

Esta actuación executarase nunha zona importante da cidade onde conflúen instalacións deportivas, centros de ensino, zonas verdes e o Centro Social da Piringalla

Ler novas

Maite Ferreiro presenta a 49 edición da Semana de Música do Corpus

Maite Ferreiro: “nesta edición achegamos ás veciñas e veciños de Lugo 9 concertos con formacións musicais de gran calidade artística e prestixio internacional”

Os concertos serán de entrada gratuíta, e terán lugar no Círculo das Artes e no auditorio do Conservatorio entre o 21 de maio e o 8 de xuño

Ler novas

Cultura renova as citas literarias das rúas da cidade

Rubén Arroxo: "puxemos en marcha esta iniciativa no 2020 para celebrar o día das Letras Galegas coincidindo co inicio dos paseos na rúa "

As 50 citas de 27 autores renovaranse nos vindeiros días, e ampliáronse con novos textos de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este ano polo 17 de maio

Ler novas