Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron o arranque das obras na rúa Pousadela no barrio da Cheda
Alexandre Penas “temos previstas actuacións en vías municipais do centro da cidade e tamén nos barrios para activar a vida en Lugo”
Alexandre Penas “temos previstas actuacións en vías municipais do centro da cidade e tamén nos barrios para activar a vida en Lugo”
Instalaranse farolas LED, que permitirán aforrar un 60% en comparación coa iluminación convencional
A Xunta de Goberno aprobou tamén a ampliación do cemiterio de San Froilán e a contratación de servizos para as escolas infantís municipais
Os buses estrean deseño, que foi aprobado polo anterior goberno, ademais de conexión Wi-Fi e portos de carga USB
Lugo, 28 de outubro de 2019. O Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do concello a 37 estudantes do IES Sanxillao de 3º e 4º da ESO. Na visita, Arroxo estivo acompañado polo concelleiro de Educación, Felipe Rivas, que explicaron o funcionamento da administración e o papel da veciñanza nela.
Temas como a mobilidade ou a programación cultural da cidade foron os protagonistas das dúbidas. Arroxo manifestou a súa satisfacción por recibir esta visita no concello, e animou aos centros educativos a visitar o Concello.
Rubén Arroxo agradeceu a boa disposición do Delegado da Xunta e, en relación ao auditorio, sinalouse que “unicamente hai pendentes cuestións técnicas para a entrega do edificio e que en breve poderá ser entregado ao Concello”
“A atención aos barrios é unha prioridade para o goberno municipal” indicou Rubén Arroxo, que estivo acompañado do concelleiro de Infraestruturas