O BNG demanda á Xunta de Galiza a xestión pública da residencia de anciáns que a Fundación Amancio Ortega ten previsto abrir en Lugo
A deputada nacionalista demandou "que a xestión da residencia sexa 100% pública así como o persoal que nela desempeñe o seu exercicio profesional"
O BNG denuncia un inicio de curso con máís recortes e non só nas zonas rurais senón tamén nas zonas periurbanas
O ensino do rural e máis o periférico ás cidades na provincia de Lugo ben sufrindo reiteradas problemáticas derivadas todas dunha visión cuantitativa da administración que non satisfai en absoluto as necesidades do alumnado" manifesta Carme Aira
O BNG presenta no Parlamento unha batería de preguntas ante a falla de medios por parte da Xunta para a retirada de niños de velutina
O pleno do concello de Baleira aproba por unanimidade a moción presentada polo BNG relativa á limpeza de cunetas e roza de cruzamentos e bifurcacións de pistas, camiños e estradas de competencia municipal
Tino Díaz, portavoz do BNG en Baleira “ a desidia e abandono deste concello débese a nefasta planificación do traballo e ás decisións políticas do alcalde, o cal non planifica o cadro de persoal necesario para eses traballos”
O BNG de Monterroso critia a perda de axudas do goberno local
Monterroso , 2 de agosto 2023.- O pasado venres publicouse no DOG a resolución das subvencións para a construción, reforma, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de carácter municipal e tamén para adquisición de equipamento deportivo.
Estas axudas solicitáronse en marzo do 2023 e, por exemplo, o veciño concello de Antas de Ulla vai recibir dúas subvencións, duns 42000 euros unha e duns 10000 euros outra.
“Monterroso recibirá 0 euros. Co ben que poderían usarse estas axudas para Cerdeiriños ou as pistas de padel, xusto cando está a piques de comezar a tempada”. Sinala Brais Vázquez, concelleiro do BNG.
“Cremos que, a pesar de que nos acusaron a nós de non ter financiamento para o que propoñiamos na campaña electoral, é o actual equipo de goberno o que deixa pasar oportunidades a pesar de compartir siglas coa Xunta, algo do que tamén alardean”.
O BNG de Monterroso critica que cando o actual equipo de goberno puido solicitar dita subvención deportiva non o fixo e ademais sinalan que seguen sen estar actualizadas as instalacións municipais no rexistro RIDEGA e polo tanto, aínda que se outorgase algún tipo de axuda non podería usarse, igual que lle pasou a outros concellos.“Xa avisamos, tamén, na campaña electoral que seguen sen actualizarse os rexistros de instalacións, tamén nos acusaron de mentir sobre isto, pero o tempo danos a razón”. Remata dicindo Brais Vázquez
BNG de Begonte solicita a emisión en directo dos Plenos municipais
Pablo Ares “Lamentamos que os Plenos non se retrasmitan, pois sería unha forma de transparencia do que acontece no concello”
O BNG e Galiza Nova piden para o 2023 un tren digno para Lugo
Arroxo: “o goberno do Estado perdeu a oportunidade nos últimos orzamentos de superar un déficit histórico con Lugo”
O BNG, a través da campaña Lugo Quere Tren, reclama a mellora das conexións ferroviarias con Lugo