“o
Novas

O BNG reúnese con representantes da Asociación de Xubilados e Pensionistas Lugo na busca de propostas

O obxectivo da reunión estivo enmarcado no exercicio de proximidade postos a disposición da veciñanza para trasladar as súas reivindicacións ás institucións nas que o BNG está representado

O BNG defende a transferencia das competencias en materia de Seguranza Social e pensións, co fin de garantir un sistema sanitario ben financiado e unhas pensións dignas 

Olalla Rodil: "Comprometémonos a traballar para asegurar unha vida digna e xusta para os nosos maiores"

Ler novas
Novas

O BNG apoia ao comercio local lucense coa campaña "Mellor Local, Mellor Galego"

Participou a deputada por Lugo no Parlamento Galego, Olalla Rodil, xunto co grupo municipal do BNG en Lugo

O BNG aposta por incentivar a compra de produtos locais e galegos, a recuperación dos mercados municipais e a promoción alternativa e ecolóxica

Olalla Rodil: "Queremos dar a coñecer a batería de propostas que dende o BNG deseñamos para apoiar e incentivar a compra do produto local feito en Galiza"

Ler novas
Novas

O BNG denuncia no Parlamento Galego a escaseza de prazas nas escolas infantís de Vilalba

O BNG esixe á Xunta a adecuación das prazas das escolas infantís á demanda existente no concello de Vilalba para rematar coas listaxes de agarda que imposibilitan a conciliación familiar.

"Non podemos permitir que nun concello capital de comarca non se teñan prazas suficientes para que as familias poidan conciliar e teñan que deixar ás súas crianzas en concellos limítrofes" suliñou Carmen Aira

Ler novas
Novas

O BNG presenta enmendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para dar respostas ás principais demandas da veciñanza de Guitiriz

 

Equipamentos deportivos, seguridade viaria serán as principais reivindicacións da veciñanza de Guitiriz
 

"Veñense apreciando algunhas deficiencias que deberán ser correxidas por Educación como a necesidade dun peche perimetral na parte superior dos laterais do pavillón do instituto IES Díaz Castro, para evitar que entre a auga nas pistas cando chove" explica Mónica Ares

Ler novas