“o
Novas

O Vello Cárcere acolle a presentación do caderno O ferrocarril en Galiza

Maite Ferreiro indicou que deste traballo "é posíble extraer unha radiografía actualizada do ferrocarril na Galiza con propostas fundamentais para a posta en marcha dunha alternativa seria e ambiciosa"

No acto interveñen Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, xunto con Mateo Varela e Rubén Lois, os coautores da publicación

Este ano celébrase o 150 aniversario da primeira liña ferroviaria na Galiza, que conectou Cornes (Compostela) co porto de Carril

Ler novas
Novas

O BNG propón máis sanidade pública e blindar o dereito a unha vellez digna nos Orzamentos da Xunta para Lugo

"Desde o BNG centramos as nosas emendas aos Orzamentos da Xunta en máis e mellor sanidade pública fronte aos recortes do Partido Popular que deixan milleiros de persoas en Lugo sen médico de cabeceira e sen pediatra", sinalou Olalla Rodil

"Fronte ao modelo do Partido Popular que fai negocio coa vellez, no BNG defendemos unha rede de servizos públicos forte para garantir o dereito a unha vellez digna", defendeu a deputada nacionalista por Lugo

Ler novas